mércores, 27 de decembro de 2017

Xaneiro 2018

Resumo do mes de xaneiro do 2018

Planetas visibles a simple vista:

  • Mercurio visible na primeira quincena, ao mencer, en ofiuco e saxitario
  • Marte e Xúpiter visibles durante a madrugada en libra.
  • Saturno visible ao mencer en saxitario

Eventos:

  • Día 1, mercurio na máxima altura ao mencer
  • Día 1 a lúa no perixeo  356 600  km
  • Noite do 1 ao 2, superlúa.
  • Día 3, Terra no perihelio (147 097 243 km)
  • Día 3, máxima actividade da choiva de estrelas "quadrántidas", ZHR=120
  • Día 5, Régulo a 0,9º S da Lúa
  • Día 7, Marte a 0,2º de Xúpiter
  • Día 11, Xúpiter a 4,7º S da Lúa
  • Día 13, Mercurio a 0,6ºS de Saturno
  • Día 15, Lúa no apoxeo e Mercurio a 2,9ºS da Lúa
  • Día 27, Aldebarán 0,7N da Lúa
  • Día 31, Lúa no perixeo (359 000km), lúa chea, superlúa.

(Se prefires que cho conten, mira o seguinte vídeo)

Ceo profundo e eventos en xaneiro 2018

Efemérides para o 2018

Eclipses 2018

Vai haber dúas eclipses totais de lúa:
Vai haber tres eclipses parciais de sol, pero ningunha delas visibles desde a Barbanza:

Comezo das estacións:

  • Equinocio de primavera no hemisferio norte o 20 de marzo
  • Solsticio de verán no hemisferio norte o 21 de xuño
  • Equinocio de outono no hemisferio norte o 23 de setembro
  • Solsticio de inverno no hemisferio norteo 21 de decembro


Distancia da Terra ao Sol

  • Perihelio o 3 de xaneiro: 147 097 243 km
  • Afelio o 6 de xullo: 152 095 626 km

Cambios de hora

  • 25 de marzo adiantar 1h (pasamos de GMT+1 a GMT+2)
  • 28 de outubro atrasar 1h (pasamos de GMT+2 a GMT+1)

Máximas elongacións dos planetas interiores (Mercurio e Venus):

Pola tardiña  ao oeste:

  • Mercurio: 15 de marzo, 12 de xullo e 6 de novembro
  • Venus: 17 de agosto

Pola mañanciña ao leste:

  • Mercurio: 1 de xaneiro, 29 de abril, 26 de agosto e 15 de decembro

Oposicións dos planetas exteriores:

  • Marte o 27 de xullo 
  • Xúpiter o 9 de maio
  • Saturno o 27 de xuño
  • Urano o 24 de outubro
  • Neptuno o 7 de setembro
(Planetas visibles a simple vista: mercurio, venus, marte, xúpiter e saturno)

Para máis información: http://www.oan.es/servidorEfem/index.php


domingo, 3 de decembro de 2017

O mes de decembro

Estes son os fenómenos previstos para o mes de decembro no hemisferio norte



No ceo profundo poederemos ver:

Breve resumo:

  • Á noitiña do día 3 ao 4 de decembro veremos unha lúa chea "enorme" a un 357500Km da Terra. (A distancia media é duns 384 000Km pero pode chega a estar a uns 406 000 Km).
  • Do 13 ao 14 de decembro é a choiva de estrelas das gemínimas, unha das máis importantes do ano (comparable coas perseidas pero máis lentas).
  • A comezos de decembro, no Barbanza, do 3 ao 13 de decembro é cando o sol se pón máis cedo, a iso das 18:02h pero día 14 xa se pon ás 18:03h (medrou un minuto pola tarde). Pero segue a nacer cada día máis tarde, se o día 1 de decembro nace ás 8:46h segue a nacer máis tarde ata o 4 de xaneiro que nace ás 9:06h despois empeza á nacer antes e o día 10 de xaneiro xa nace ás 9:05h. No solsticio de inverno é cando a noite é máis longa, (ata o 21 de decembro, o que medra pola tarde non compensa o que diminúe pola máñan, a partirres de aí medra máis pola tarde do que diminúe pola mañá). (O mediodía prodúcese ás 13:24h o día 1 de decembro, ás 13:33h o día 21 e ás 13:41h o día 4 de xaneiro)
  • Para saber máis sobre a ecuación do tempo:https://en.wikipedia.org/wiki/Equation_of_time



domingo, 12 de novembro de 2017

Descuberto un cinturon de pó obitando a Próxima Centauri

Despois de descubrir un planeta rochoso orbitando Próxima Centauri no 2016, agora o telescopio ALMA acaba de descubrir que  ten, alomenos un cinturón de pó (poida que tres)
http://eso.org/public/spain/news/eso1735/


Artigo científico completo aquí:
https://www.eso.org/public/archives/releases/sciencepapers/eso1735/eso1735a.pdf

sábado, 4 de novembro de 2017

O ceu no mes de novembro no hemisferio norte

Eventos astronómicos visibles no hemisferio norte no mes de novembro




O ceo profundo  no mes de novembro no hemisferio norte




Astro calendario de Star Tres

Máis sobre o cambio de hora en España

Períodicamente hai discusión sobre o cambio de hora e que é o mellor. Pero cada quen fala da feira según lle vai nela.
Si se se lle pregunta a un astrofísico diranos algo así:

Se queres ler como nos afectaría a todos que nos aplicasen os cambios propostos sobre a hora oficial, recomendo este artigo publicado en Naukas:
http://naukas.com/2017/11/03/cambio-hora-espana/
Nese artígo analízanse as 5 protestas máis populares. Imprescindible lelo para ter unha visión do problema.

domingo, 29 de outubro de 2017

Detectada a primeira fusión de dúas estrelas de neutróns

O evento produciuse o 17 de  agosto de 2017 pero non se comunicou ata o 16 de outubro


  • Quen o contou mellor, e de xeito sinxelo, foi Alberto Aparici aquí, neste link, pero tendes que darlle para adiante 4:30min:

https://goo.gl/J5f3ui
 ou desde aquí:
http://www.ondacero.es/programas/la-brujula/audios-podcast/la-brujula-de-la-ciencia/la-brujula-de-la-ciencia-las-ondas-gravitacionales-y-las_2017101759e666110cf2e892aa294fc1.html
ou desde aquí (sen esperar nada):
https://www.ivoox.com/21557820




luns, 2 de outubro de 2017

Sobre o zodíaco e o horóscopo

Horóscopo

Hai varios miles de  anos os seres humanos crían que o destino estaba escrito no movemento dos astros. E como a traxectoria do sol, a lúa e os 5 planetas visibles a simple vista percorría as constelacións do zodíaco, pensaban que a posición do sol no momento do nacemento marcaba o destino das persoas.
Así que dividiron esa zona en 12 rexións (constelacións) e cando comenzaba a primavera o sol entraba na constelación de "Aries" (de aí o culto ao "cordeiro"). Pero alá polo 340 a. C. xa os gregos se decataron de que o punto onde estaba o sol ao comezar a primavera cambiaba co tempo.
Cando comezaba a primavera, hai uns 2200 anos o sol entraba na constelación de aries, pero agora o "punto aries" está na constelación de pisces.

Non só o horóscopo está mal nas orixes (baseado en falsas creenzas dos astrólogos), senón que o sol "transita" 13 constelacións e non 12. E o momento de entrada do sol nas constelacións vai cambiando co paso do tempo, nun ciclo duns 25776 anos.


Tendo en conta o que sabemos agora, e incluíndo a constelación de ofiuco, a entrada do sol nas constelación do zodíaco quedaría así (entre paréntese o que din os "astrólogos"):

Aries— do 18 de abril ao 13 de maio (20 de marzo ao 20 de abril)

Tauro— do 13 de maio ao 21 de xuño (21 de abril ao 21 de maio)

Xéminis— do 21 de xuño ao 20 de xullo (22 de maio ao 22 de xuño)

Cáncer— do 20 de xullo ao 10 de agosto (23 de xuño ao 22 de xullo)

Leo— do 10 de agosto ao 16 de setembro (23 de xullo ao 22 de agosto)

Virgo— do 16 de setembro ao 30 de outubro (23 de agosto ao 22 de setembro)

Libra— do 30 de outubro a 23 de novembro (23 de setembro ao 22 de outubro)

Escorpio— 23 de novembro ao 29 de novembro (23 de outubro ao 22 de novembro)

Ofiuco— do 29 de novembro ao 17 de decembro (non incluído no Zodíaco)

Saxitario— do 17 de decembro ao 20 de xaneiro (23 de novembro ao 22 de decembro)

Capricornio— do 20 de xaneiro ao 16 de febreiro (23 de decembro ao 21 de xaneiro)

Acuario— do 16 de febreiro ao 11 de marzo (22 de xaneiro ao 20 de febreiro)

Pisces— do 11 de marzo ao 18 de abril (21 de febreiro ao 19 de marzo)

Non creas no horóscopo nin nas pseudociencias. Os astrólogos non son científicos, os astrónomos si.


Outubro 2017

Recorda que a noite do 28 ao 29 de outubro hai que atrasar os reloxos 1h.
Pasamos de GMT+2 a GMT+1. Isto tradúcese que o día 28 é mediodía en Ribeira ás 14:18h e o día 29 de outubro é mediodía ás 13:18h (o "sol vai adiantado" 18 minutos, o mediodía do "sol medio" debería ser ás 14:36 h o día 28 e as13:36h o día 29).

O ceu do mes de outubro de no hemisferio norte

A simple vista ou con telescopio.



Ceo profundo no hemisferio norte (con prismáticos ou telescopio)




martes, 29 de agosto de 2017

Setembro de 2017

O ceu do mes de setembro

Se queres saber o que vai ser visible no mes de setembro, no hemisferio norte, mira estes vídeos.

A simple vista




Con telescopio



domingo, 30 de xullo de 2017

Preparando o mes de agosto

Eventos importantes de agosto 2017

  • Día 7: eclipse penumbral de lúa
  •  Noites 11-12 e 12-13 máximo das perseidas
  •  Día 21: eclipse parcial de sol

Eclipse penumbral de lúa

A eclipse é penumbral, é dicir a Lúa pasa pola sombra difusa da Terra (e non pola sombra ben definida), así que case non se vai notar. Ademais o nacemento da lúa, ás 21:47h, coincide coa fase final da eclipse. Podedes ver a simulación usando este programa para android: https://play.google.com/store/apps/details?id=calcEclipsi2.src


As perseidas:

Neste vídeo de youtube cóntanche todo sobre a choiva de estrelas "as perseidas": https://www.youtube.com/watch?v=6oo_uPgXhJc&feature=youtu.be

Este ano a luz da lúa vai molestar bastante. A lúa nace ás 23:53h a noite do 11 ao 12 e ás 0:25h a noite do 12 ao 13. Así que este non é bo ano para ver as perseidas. O máximo da choiva está previsto para a noite do 12 ao 13.

Se decides saír pola noite a ver as perseidas, estas son as miñas recomendacións:
  • Busca un sitio sen contaminación lumínica e a poder ser resgardado do vento.
  • Nunca nunca vaias só, sempre en pandilla (pásase mellor, e ir só pode resultar perigoso. Por exemplo, pensa que andan por alí un par de cans,...)
  • Abrígate ben, coma o día máis frío do inverno (mesmo con gorro e calzado pechado)
  • Hamaca ou silla ou, "saco de durmir" ou mantas "vellas",..., algo para estar comodamente tumbado e non coller "tortículis" (non esquezas algo que che poida servir de almofada).
  • Sitúate na dirección NE-SW (onde poñer os pés e a cabeza é a gusto de cada quen)
  • Termo con chocolate, cacao, café,..., ao gusto.
  • Non está demais levar lanterna (de luz vermella, pode servir cubrila con celofán vermello)

Eclipse parcial de Sol do día 21 de agosto

A eclipse parcial comeza ás 20:43h (hora oficial) e o máximo do 13'8% (para nós) é ás 21:19h, xusto 4 minutos antes do solpor.
Sempre pode haber unha nube molesta, no horizonte, que non nos deixe ver a eclipse.

Recomendacións:
  •  Subir a un lugar elevado (á Curota, ó Mirador da Pedra da Rá, ó Castro da Cidade,...) e levar boa compaña.
  •  Abrigarse (nos lugares altos sempre corre ventiño, que resulta mesmo desagradable cando estás parado, e nada de chanclas nin sandalias).
  • Non mirar directamente ao sol ( levar medios de autoprotección  como gafas de eclipse, cámaras de proxección, filtros solares,...)
  • Estar atento as convocatorias das asociacións astronómicas da zona (dispoñen de medios de observación).
Se queres fabricar un utensilio que emprega o efecto "pinhole" para ver a eclipse con seguridade podes atopar aquí as instruccións:

O malo é que para nós (en Galiza), o sol xa vai estar bastante baixo no horizonte. É máis axeitado para unha ubicación máis ao oeste (coma Norte América) onde o sol vai estar "máis alto".

A NASA vai retransmitilo en directo, máis información aquí:
https://www.jpl.nasa.gov/edu/events/2017/8/21/total-solar-eclipse-aug-21-2017/

Que o bo tempo nos acompañe!


Tamén podedes consultar nestes vídeos o que se ve no hemisferio norte no mes de agosto:

A simple vista:



Con prismáticos e/ou telescopio:




Máis información sobre a choiva de estrelas das perseidas:
https://elpais.com/elpais/2017/08/09/ciencia/1502293443_893560.html

Información da NASA:



O único evento do que teño noticia para a observación das perseidas, é un anuncio na Voz do Barbanza, dun barco que sae de Ribeira a Sálvora e que custaba 35€ por persoa.
Non sei de ningunha asociación que organice un evento para observar as perseidas (polo de agora).


A eclipse parcial de sol do luns 21 de agosto

Un bo sitio para vela é o Mirador da Pedra da Rá ( en Ribeira, ou calquera outro lugar onde vexamos meterse o sol no mar).
Hora para estar no lugar de observación, 20:30h (a eclipse comeza a iso das 20:43h)
Que o bo tempo nos acompañe (tendes links a páxinas de previsión do tempo, en Ribeira, na columna da dereita)
Remate do evento (ao solpor)
De haber algunha convocatoria das asociacións astronómicas locais, de Ribeira, poñeríao aquí.



Para saber máis de eclipses solares

Recomendo a revista Investigación y Ciencia do mes de agosto de 2017. Ten 3 artigos interesantes, o máis chamativo é o último:
  • El gran eclipse de 2017
  • El eclipse del 21 de agosto en Latinoamérica
  • Mil Años de eclipses solares
(En tódolos xornais, revistas, noticieiros,..., falan da eclipse do 21 de agosto)

Ata seleccionan música para escoitar durante a eclipse:

(Enlaza a 10 vídeos en youtube, ...)


Se queres saber como facer unha foto da eclipse

A foto, desde Galiza, non vai ser dificil xa que se produce ao solpor. Pero unha boa recomendación é apoiar o móbil ou empregar trípode e usar axustes manuais para escurecela un pouco. Tamén serve poñerlle gafas de eclipse ao móbil.

Cámara de proxeccion caseira para ver a eclipse. Publicado en el Pais:





Actualizado o 21/08/17

mércores, 12 de xullo de 2017

Polémica sobre uso do fuso horario GMT+1

Feitos:

  • Desde 1940 temos como hora de referencia a hora de Alemaña. Podes consultar os cambios horarios aquí: http://afines.com/cambio_horario_verano_invierno/cambios_horarios_espana/
  • Onde está o sol agora, podes consultalo aquí:https://www.timeanddate.com/worldclock/sunearth.html                                     
  • Cando é mediodía en Ribeira? Como Ribeira está aproximadamente 9º W, a Terra tarda en xirar uns 36 minutos desde que o sol está enriba do meridiano de Greenwich ata que o sol estea no meridiano de Ribeira. O desfase en Ribeira é de 2:36h no horario de verán e 1:36h no horario de inverno (é mediodía ás 14:36h ou 13:36h da hora oficial). No verán, ás 12h hora oficial, é mediodía en Exipto e no inverno é mediodía en Alemaña.

Que hora deberíamos usar? 

Vaia lío!
España debería ter unha hora menos (no inverno). Pero, como Galiza está máis ao oeste que 7.5W debería ter unha hora menos que o resto da península. (É dicir, deberiamos ter 2h menos do que temos).

Simplificando o problema:

Imaxina que nos chega un viaxeiro doutro tempo e trae un reloxo de sol e outro de estrelas. E observa os nosos hábitos e costumes (imos supoñer que o desfase é de 2:30h ou 1:30h en vez de 2:36 e 1:36h).
Pola hora oficial, no Barbanza os institutos, uns empezan ás 8:30h e outros ás 9h e a saída ó mediodía vai de 14h a 14:30h (os días que se sae máis tarde) e pola tarde éntrase as 16h e sáese ou 18h ou 18:30h, máis ou menos (hora oficial).


Se vos fixades no que marcaría, aproximadamente o reloxo de sol (ou de estrelas) o noso horario é bastante normal:


21 de setembro21 de decembro21 de marzo21 de xuño

Hora oficialReloxo solHora oficialReloxo solHora oficialReloxo solHora oficialReloxo sol
Almorzo7:45h a 8:15h5:15h a 5:45h7:45h ou 8:15h6:15h a 6:45h7:45h ou 8:15h6:15h a 6:45h7:45h ou 8:15h5:15h a 5:45hAlmorzo
Entrada ao insti8:30h ou 9h6h ou 6:30h8:30h ou 9h7h ou 7:30h8:30h ou 9h7h ou 7:30h8:30h ou 9h6h ou 6:30hEntrada ao insti
Saída insti14h ou 14:30h11:30h ou 12h14h ou 14:30h12:30 ou 13h14h ou 14:30h12:30 ou 13h14h ou 14:30h11:30h ou 12hSaída insti
ComidaEntre 14:30 e 15hEntre 12h e 12:30hEntre 14:30 e 15hEntre 13h e 13:30hEntre 14:30 e 15hEntre 13h e 13:30hEntre 14:30 e 15hEntre 12h e 12:30hComida
Entrada ao insti16h13:30h16h14:30h16h14:30h16h13:30hEntrada ao insti
Saída insti18 ou 18:30h15:30h ou 16h18 ou 18:30h16:30h ou 17h18 ou 18:30h16:30h ou 17h18 ou 18:30h15:30h ou 16hSaída insti
Cea21:30h19h20:30h19h21h19:30h22h19:30hCea

Hora oficialReloxo solHora oficialReloxo solHora oficialReloxo solHora oficialReloxo sol
Desfase
Resta 2:30h
Resta 1:30h
Resta 1:30h
Resta 2:30h
Ribeira, nace o sol ás (h oficial)8:22
9:03
7:38
6:58

Ribeira, ponse o sol ás (h oficial)20:34
18:06
19:50
22:17


Despois de máis de 70 anos! Que máis nos dá o que marque o reloxo dixital, xa aprendemos a adaptarnos. Calquera cambio na hora oficial debería respectar os usos e costumes establecidos (referidos ao reloxo solar).
Para seguir facendo o que xa faciamos no mesmo momento do día, só temos  que poñernos de acordo na hora que queremos que marque o reloxo dixital.
De reaxustar a hora, o primeiro impacto vai ser psicolóxico, o segundo económico porque hai que imprimir tódolos carteis cos novos horarios de apertura e peche de tódolos establecementos públicos e o terceiro vai haber un período de caos co manexo do dobre horario (coma cando foi da peseta ao euro).




xoves, 6 de xullo de 2017

Como empezar?

No pasado:

Hai anos a única maneira de empezar era: cun planisferio, guía de estrelas e constelacións, cartas estelares e anuarios astronómicos ou revistas de astronomía para dispoñer de información de onde localizar os planetas e de eventos importantes ou efemérides.

A comezos dos anos 90 os programas de ordenador eran así, coma o EZCosmos e permitíanche explorar e interactuar co mapa do ceo:

No presente:

Podemos botar man de programas que che amosan en tempo real o que se ve dende onde ti estás.

Programas para PC coma o Stellarium (gratis):


Ou Stellarium para móbil (de pago):

Ou  Sky Map (gratis):

 Empeza a simple vista:

  • Empezar observando o ceu ao solpor e oriéntate.
  • Identificar as estrelas máis brillantes e planetas usando programas ou apps.
  • Identificar, se é o caso, os planetas visibles a simple vista que son: mercurio, venus, marte, xúpiter e saturno. No mes de xullo son visibles: pola mañanciña venus  e pola tardiña xúpiter e saturno e a final de mes mercurio. Marte está en este momento do outro lado do sol e non é visible.
  • A partires das estrelas máis brillantes tratar de identificar as constelacións coas súas estrelas.

Continua con prismáticos e telescopio:

  • Cando te desenvolvas ben coas constelacións, empeza cuns prismáticos 7X50. Trata de localizar algúns cúmulos de estrelas, estrelas dobres, algunha nebulosa, a galaxia de andrómeda,...
  • Cando te desenvolvas ben cuns prismáticos estas preparado para empezar cun telescopio (recorda que as estrelas seguen a ser puntiños moi minúsculos).

 Comparte a afección

  • Apúntate aos eventos das asociacións locais e comparte a experiencia da observación coas persoas que che importen.


luns, 3 de xullo de 2017

Preparando a eclipse parcial de sol do 21 de agosto de 2017

¿Cando hai eclipses? ¿Onde son visibles? ¿Como poder velas?

Para consultar as eclipses que hai e onde son visibles, podedes facelo nesta páxina web:
https://eclipse.gsfc.nasa.gov/eclipse.html

Se tes un móbil android, hai unha app que che ensina só as eclipses visibles onde ti estás e como se ven, e é esta: https://play.google.com/store/apps/details?id=calcEclipsi2.src


Desde aquí, desde o Barbanza poderemos ver estas eclipses de sol (capturas da app anterior)


E tamén simula como se vai ver a do 21 de agosto
 

  • Eclipse parcial de Sol. Luns 21 agosto 2017 (13.8% no Barbanza)
    • A eclipse comeza ás 20:43h hora oficial
    • O máximo da eclipse (21:19h)
    • O sol ponse ás 21:23h durante a eclipse

      ¿Como poder vela con seguridade?


      Non se pode mirar directamente ao sol, nin sequera durante unha eclipse. (Podes sufrir danos irreversibles na vista).

      Métodos recomendados que podes empregar:
      • Pantalla de proxección. (Eu dispoño dun Solar Scope educativo).
      • Gafas de eclipse (Baader Planetarium ou Thousand Oaks).
      Para saber máis: https://cuidatuvista.com/mejores-formas-para-ver-eclipse/ 
     
     Tamén podes estar atento ás convocatorias para a observación. Calquera asociación astronómica dispón de "medios".

Eu xa teño as miñas gafas, compradas por internet:

  Recomendacións para o uso das gafas Thousand Oaks:


  • Antes de usalas comprobar o bo estado. Se están deterioradas ou furadas non usalas e tirar con elas.
  • Ollo, se as tentades: limpar, desinfectar, ..., podedes estragalas e non serven.
  • Non usar nunca con outros instrumentos ópticos como prismáticos, telescopios, cámaras ou outros instrumentos.
  • Non son un xoguete, os nenos que empreguen estas gafas deben de estar supervisados por un adulto.

    Recomendacións para o uso das gafas Baader Planetarium:


  • Antes de usalas comprobar o bo estado. Se están deterioradas non usalas e tirar con elas.
  • Non usar nunca con outros instrumentos ópticos como prismáticos, telescopios, cámaras ou outros instrumentos.
  • Non son un xoguete, os nenos que empreguen estas gafas deben de estar supervisados por un adulto.
  • Non usar máis de 3 minutos seguidos. Recoméndase facer pausas de 20-40 segundos cada minuto.
  • Están contraindicadas para persoas que se operaron recentemente dos ollos.

venres, 30 de xuño de 2017

Mes de xullo no hemisferio norte

¿Que cousas interesantes temos este mes?

Se queres que che conten cun vídeo o que se pode ver a simple vista:

Consultalo nunha app para móbil android: Sky Events.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.axlsofts.skyevents
Xunto capturas de pantalla:


Consultalo nunha app para móbil android: Night Sky Tools.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.smeunier.nightskytools
Xunto capturas de pantalla:

Consultalo no xornal:

http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2017/07/03/59527985268e3e7c738b467e.html


domingo, 25 de xuño de 2017

Capturas de pantalla de aplicacións de móbil

Esta é unha carpeta de capturas de aplicacións de móbil android e fotos deste blogue.

O nome do arquivo fai referencia ao nome da aplicación.

A aplicación podes vela na columna da dereita deste blogue en versión web (se estás na versión móbil solicita a ver a versión web)

https://drive.google.com/drive/folders/0B7KqJjJqCs3oMkllLXdfQnpPY1k?usp=sharing

Charlas 20 e 21 xuño

Guión para a charla do 20 e 21 de xuño 2017


Reloxo de Sol para Ribeira

Reloxo de Sol para Ribeira

 (Cuadrante ecuatorial)

Esta é unha plantilla de reloxo de sol feita mediante unha aplicación de programación propia, realizada en Qbasic, no curso 94-95.
https://drive.google.com/file/d/0B7KqJjJqCs3oSkhhelVTdWFnX0ZlZVNWd2lXQVVTOV82YTU4/view?usp=sharing
Podes descargala e imprimila.
Se a pegas o triángulo nunha chapa de marquetería e cortas pola metade a peza das horas (a plantilla circular) e a pegas as dúas metades e recortas.
Ao montar queda así:

  • O vértice superior apunta á polar.
  • O ángulo agudo da base é a latitude de Ribeira.
  • A base superior do rectángulo é paralela ao ecuador
  • Na primavera e verán marca as horas pola cara de arriba
  • No outono e inverno marca as horas pola cara inferior
En Ribeira debería marcar as horas en punto, aproximadamente ás 36 min, catro veces no ano:15 de abril, 13 de xuño, 1 de setembro e 25 de decembro (medio día ás 14:36h horario de verán e ás 13:36h horario de inverno).
Para os demais días podes consultalo na aplicación de móbil android: Sunrise Sunset, onde pon "Transit"

Para saber máis:
Experimentos de Astronomía. Biblioteca de recursos didácticos Alhambra.
ISBN 84-205-1717-8



Efemerides de marzo 2020

Efemerides resumidas para marzo de 2020 SuperLúa do 9 ao 10 de marzo: Lúa chea o 9 ás 18:48 e mínima distancia á Terra, 357100Km o 10 ...