domingo, 13 de xaneiro de 2019

Eclipse total de lúa. Noite 20 ao 21 de xaneiro

Eclipse total de Lúa a noite de 20 ao 21 de xaneiro de 2019
A Lúa estará  no punto máis perto da Terra, polo que será unha "superlúa" e como nas eclipses totais vese vermella, "de sangue"

Datos:
Inicio da eclipse (empeza a Lúa a meterse na penumbra da sombra da Terra): 3h 36 min
Inicio da fase de parcialidade (empeza a Lúa a meterse na sombra da Terra): 4h 33 min

Inicio da totalidade (está toda a Lúa metida na sombra da Terra): 5h:41 min.   Altura 35º
Máximo da eclipse (a Lúa no centro da sombra da Terra):6h:12min.                Altura 30º
Fin da totalidade  (empeza a Lúa a saír da sombra da Terra): 6h:43 min.          Altura 24º

Fin da parcialidade (saíu a Lúa a da sombra da Terra): 7h 50 min
Fin da eclipse (saíu a Lúa a da penumbra da sombra da Terra): 8h 48 min.


Aconsello poñer o espertador para a fase que che apeteza ver (precisas unha ventá ao oeste). Se vas facer fotos, ensaia o modo "manual", deixa todo preparado antes de deitarte,...

Foto da eclipse de Lúa noite do 20 ao 21 de febreiro de 2008 (feita por min)



As próximas eclipses totais de Lúa visibles desde o Barbanza son:
  • Luns 16 de maio de 2022
  • Venres 14 de marzo de 2025
  • Domingo 31 de decembro de 2028

Aplicación para android: que che di cando hai eclipse, como se ve (simulación),..., tés o link á dereita ou busca "serviastro Eclipse Calculator"
Captura, de pantalla do móbil, da simulación de Eclipse Calculator 2.0 para android.


Que o bo tempo nos acompañe! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Efemerides de marzo 2020

Efemerides resumidas para marzo de 2020 SuperLúa do 9 ao 10 de marzo: Lúa chea o 9 ás 18:48 e mínima distancia á Terra, 357100Km o 10 ...