No pasado:
Hai anos a única maneira de empezar era: cun planisferio, guía de estrelas e constelacións, cartas estelares e anuarios astronómicos ou revistas de astronomía para dispoñer de información de onde localizar os planetas e de eventos importantes ou efemérides.A comezos dos anos 90 os programas de ordenador eran así, coma o EZCosmos e permitíanche explorar e interactuar co mapa do ceo:
No presente:
Podemos botar man de programas que che amosan en tempo real o que se ve dende onde ti estás.Programas para PC coma o Stellarium (gratis):
Ou Sky Map (gratis):
Empeza a simple vista:
- Empezar observando o ceu ao solpor e oriéntate.
- Identificar as estrelas máis brillantes e planetas usando programas ou apps.
- Identificar, se é o caso, os planetas visibles a simple vista que son: mercurio, venus, marte, xúpiter e saturno. No mes de xullo son visibles: pola mañanciña venus e pola tardiña xúpiter e saturno e a final de mes mercurio. Marte está en este momento do outro lado do sol e non é visible.
- A partires das estrelas máis brillantes tratar de identificar as constelacións coas súas estrelas.
Continua con prismáticos e telescopio:
- Cando te desenvolvas ben coas constelacións, empeza cuns prismáticos 7X50. Trata de localizar algúns cúmulos de estrelas, estrelas dobres, algunha nebulosa, a galaxia de andrómeda,...
- Cando te desenvolvas ben cuns prismáticos estas preparado para empezar cun telescopio (recorda que as estrelas seguen a ser puntiños moi minúsculos).
Comparte a afección
- Apúntate aos eventos das asociacións locais e comparte a experiencia da observación coas persoas que che importen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario