Horóscopo
Hai varios miles de anos os seres humanos crían que o destino estaba escrito no movemento dos astros. E como a traxectoria do sol, a lúa e os 5 planetas visibles a simple vista percorría as constelacións do zodíaco, pensaban que a posición do sol no momento do nacemento marcaba o destino das persoas.
Así que dividiron esa zona en 12 rexións (constelacións) e cando comenzaba a primavera o sol entraba na constelación de "Aries" (de aí o culto ao "cordeiro"). Pero alá polo 340 a. C. xa os gregos se decataron de que o punto onde estaba o sol ao comezar a primavera cambiaba co tempo.
Cando comezaba a primavera, hai uns 2200 anos o sol entraba na constelación de aries, pero agora o "punto aries" está na constelación de pisces.
Non só o horóscopo está mal nas orixes (baseado en falsas creenzas dos astrólogos), senón que o sol "transita" 13 constelacións e non 12. E o momento de entrada do sol nas constelacións vai cambiando co paso do tempo, nun ciclo duns 25776 anos.
Para saber máis consulta: https://www.livescience.com/4667-astrological-sign.html
Tendo en conta o que sabemos agora, e incluíndo a constelación de ofiuco, a entrada do sol nas constelación do zodíaco quedaría así (entre paréntese o que din os "astrólogos"):
Aries— do 18 de abril ao 13 de maio (20 de marzo ao 20 de abril)
Tauro— do 13 de maio ao 21 de xuño (21 de abril ao 21 de maio)
Xéminis— do 21 de xuño ao 20 de xullo (22 de maio ao 22 de xuño)
Cáncer— do 20 de xullo ao 10 de agosto (23 de xuño ao 22 de xullo)
Leo— do 10 de agosto ao 16 de setembro (23 de xullo ao 22 de agosto)
Virgo— do 16 de setembro ao 30 de outubro (23 de agosto ao 22 de setembro)
Libra— do 30 de outubro a 23 de novembro (23 de setembro ao 22 de outubro)
Escorpio— 23 de novembro ao 29 de novembro (23 de outubro ao 22 de novembro)
Ofiuco— do 29 de novembro ao 17 de decembro (non incluído no Zodíaco)
Saxitario— do 17 de decembro ao 20 de xaneiro (23 de novembro ao 22 de decembro)

Capricornio— do 20 de xaneiro ao 16 de febreiro (23 de decembro ao 21 de xaneiro)
Acuario— do 16 de febreiro ao 11 de marzo (22 de xaneiro ao 20 de febreiro)
Pisces— do 11 de marzo ao 18 de abril (21 de febreiro ao 19 de marzo)
Acuario— do 16 de febreiro ao 11 de marzo (22 de xaneiro ao 20 de febreiro)
Pisces— do 11 de marzo ao 18 de abril (21 de febreiro ao 19 de marzo)
Non creas no horóscopo nin nas pseudociencias. Os astrólogos non son científicos, os astrónomos si.
Ningún comentario:
Publicar un comentario