Reloxo de Sol para Ribeira
(Cuadrante ecuatorial)
Esta é unha plantilla de reloxo de sol feita mediante unha aplicación de programación propia, realizada en Qbasic, no curso 94-95.https://drive.google.com/file/d/0B7KqJjJqCs3oSkhhelVTdWFnX0ZlZVNWd2lXQVVTOV82YTU4/view?usp=sharing
Podes descargala e imprimila.
Se a pegas o triángulo nunha chapa de marquetería e cortas pola metade a peza das horas (a plantilla circular) e a pegas as dúas metades e recortas.
Ao montar queda así:
- O vértice superior apunta á polar.
- O ángulo agudo da base é a latitude de Ribeira.
- A base superior do rectángulo é paralela ao ecuador
- Na primavera e verán marca as horas pola cara de arriba
- No outono e inverno marca as horas pola cara inferior
Para os demais días podes consultalo na aplicación de móbil android: Sunrise Sunset, onde pon "Transit"
Para saber máis:
Experimentos de Astronomía. Biblioteca de recursos didácticos Alhambra.
ISBN 84-205-1717-8
Ningún comentario:
Publicar un comentario