luns, 25 de febreiro de 2019

Marzo 2019

Eventos de marzo de 2019

Ao longo da primeira semana serán visibles os 5 planetas visibles a simple vista: Mercurio e Marte pola tardiña-noite e Xúpiter, Saturno e Venus ao final da noite ata o mencer.

  • Mercurio tivo a máxima separación angular, respecto do sol visto desde a Terra, o 27 de febreiro e deixarase ver algo máis de unha semana. Cun telescopio pequeno (diámetro de 60mm ou 90mm) pódese observar a "fase" coma unha minilúa en miniatura, só durante a 1ª semana. A partires do 27 de febreiro moverase no trámo de órbita que descorre entre o Sol e a Terra. O 15 de marzo estará en perspectiva co Sol. (Ainda que volve pasar polo mesmo sitio en xullo, hai que agardar ao día de San Martiño, 11 de novembro, para ver cruza por diante do disco solar, raro fenómeno que non volverá a facelo ata o 2032, é coma se fose unha eclipse de Sol, pero Mercurio non ten o diámetro aparente para ocultalo).
  • Marte acompañaranos a primeira metade da noite, perto das Pleyades o 31 de marzo.
  • Venus, Saturno e Xúpiter (ao leste, de abaixo a arriba) visibles antes do mencer.
  • Encontros da Lúa cos planetas:
    • Lúa-Saturno o 1 e o 29 de marzo
    • Lúa-Venus o 2 marzo
    • Lúa-Xúpiter o 27 de marzo
  • A Lúa estará no perixeo, 359400km, o 19 de marzo e será lúa chea o 21.

A primavera, astronomicamente, entra este ano o 20 de marzo. Eclesiasticamente, segundo o concilio de Nicea, entra o 21 de marzo, por iso o domingo de pascua cae este ano en abril: "o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera" (o domingo de Pascua oscila entre o 22 de marzo e 25 de abril, a proximidade da lúa chea no ceo garante luz natural durante as procesións de semana santa)

O último domingo de marzo, cambio de hora, pasamos de GMT+1 a GMT+2, cando a nós, por lonxitude oeste nos correspondería ou GMT (España) ou GMT-1 (se Galiza fose independente, o cambio de fuso horario sería no meridiano 7,5 graos oeste).
Teño dúas entradas neste blogue que reflexiona sobre o cambio de hora.


 (Continuará...)

mércores, 20 de febreiro de 2019

5 planetas visibles a simple vista no ceu ata o 4 de marzo

Pola mañanciña:

Venus-Saturno-Xúpiter. Foto do 19 de febreiro ás 7h. Foto co obxectivo 14-42mm a pulso.  (Venus baixa con respecto a Saturno)


Fotos do día 21 de febreiro, a pulso, co obxectivo 14-42mm, ao sueste, ás 7:50h.
 Ampliando a foto, tendes  aí a localización. (Había algo de néboa). (Os astros máis brillantes son venus e xúpiter)



25 de febreiro ás 7:43h. De abaixo a arriba:Venus, Saturno, Xúpiter e a Lúa:




Mercurio, a iso das 20h ao oeste (visible ata aproximadamente 4 de marzo)
Foto do 20 de febreiro. Cámara con obxectivo 40-150mm a pulso.

Foto 20 de febreiro, de Marte ás 23h ao oeste. Obxectivo 14-42mm a pulso. Marte é o máis baixo do horizonte. As estrelas de arriba á dereita son de aries.

sábado, 9 de febreiro de 2019

19 de febreiro. Un bó día para fotografar o ceo

19 de febreiro. Un bó día para fotografar o ceu.


Conxunción venus-saturno

Madrugando, ás 7:30h, ao surleste, poderemos fotografar a parella (visible a simple vista): Venus-Saturno.
Captura do programa Stellarium (tamén está no ceu xúpiter)

 Sería aconsellable: tripode, disparador con retardo (para que non saia movida) e obxectivo "luminoso".

E así se viu desde a casa, fotos sen trípode e co obxectivo 14-42mm, por seren fotos "a pulso"







Superlúa

19 de febreiro, á tardiña, 19h preparalo todo para fotografar unha "superlúa".
Nace ás 19:08h ao nordeste. Vai estar a uns 356400 km (cando a distancia media é de 384400km) e iluminada un 99,9%.
Material necesario: cámara cun bo obxectivo (150mm ou superior), trípode, disparador con retardo, experiencia en modos da cámara (que non saia unha lúa "queimada"), unha boa localización para que a lúa estea sobre algo de interese.
 Captura do programa Stellarium:



 Para "abrir boca", posta de Lúa o 19 ás 8h (aproximadamente), sobre a Serra do Barbanza.
Sen trípode e co obxectivo 14-42mm, aproveitando que saíra da néboa e sobre os aeroxeneradores.







Desde a Curota, sobre a Ría de Arousa, a Lúa nace na néboa. Obxectivo 40-150mm e trípode.




Sobre Boiro e Rianxo:











Desde o mirador da Curotiña. Lúa reflectida na Ría, sobre o Saltiño (Boiro) con Rianxo ao fondo:



Disfruta do ceu, que é gratis

Efemerides de marzo 2020

Efemerides resumidas para marzo de 2020 SuperLúa do 9 ao 10 de marzo: Lúa chea o 9 ás 18:48 e mínima distancia á Terra, 357100Km o 10 ...