Eventos de marzo de 2019
Ao longo da primeira semana serán visibles os 5 planetas visibles a simple vista: Mercurio e Marte pola tardiña-noite e Xúpiter, Saturno e Venus ao final da noite ata o mencer.
- Mercurio tivo a máxima separación angular, respecto do sol visto desde a Terra, o 27 de febreiro e deixarase ver algo máis de unha semana. Cun telescopio pequeno (diámetro de 60mm ou 90mm) pódese observar a "fase" coma unha minilúa en miniatura, só durante a 1ª semana. A partires do 27 de febreiro moverase no trámo de órbita que descorre entre o Sol e a Terra. O 15 de marzo estará en perspectiva co Sol. (Ainda que volve pasar polo mesmo sitio en xullo, hai que agardar ao día de San Martiño, 11 de novembro, para ver cruza por diante do disco solar, raro fenómeno que non volverá a facelo ata o 2032, é coma se fose unha eclipse de Sol, pero Mercurio non ten o diámetro aparente para ocultalo).
- Marte acompañaranos a primeira metade da noite, perto das Pleyades o 31 de marzo.
- Venus, Saturno e Xúpiter (ao leste, de abaixo a arriba) visibles antes do mencer.
- Encontros da Lúa cos planetas:
- Lúa-Saturno o 1 e o 29 de marzo
- Lúa-Venus o 2 marzo
- Lúa-Xúpiter o 27 de marzo
- A Lúa estará no perixeo, 359400km, o 19 de marzo e será lúa chea o 21.
A primavera, astronomicamente, entra este ano o 20 de marzo. Eclesiasticamente, segundo o concilio de Nicea, entra o 21 de marzo, por iso o domingo de pascua cae este ano en abril: "o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera" (o domingo de Pascua oscila entre o 22 de marzo e 25 de abril, a proximidade da lúa chea no ceo garante luz natural durante as procesións de semana santa)
O último domingo de marzo, cambio de hora, pasamos de GMT+1 a GMT+2, cando a nós, por lonxitude oeste nos correspondería ou GMT (España) ou GMT-1 (se Galiza fose independente, o cambio de fuso horario sería no meridiano 7,5 graos oeste).
Teño dúas entradas neste blogue que reflexiona sobre o cambio de hora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario