Desde que se pon o sol, ata a media noite, na primera metade do mes poderemos ver a simple vista os 5 planetas, de oeste a leste: mercurio, venus, xúpiter, saturno e marte.
- Mercurio ten a máxima separación aparente do sol, o 12 de xullo. Facilmente localizable próximo á lúa o 14 de xullo.
- Venus ao ladiño da lúa o día 15 de xullo.
- Xúpiter ao ladiño da lúa o 21 de xullo.
- Saturno ao ladiño da lúa o día 26 de xullo.
- Marte ao ladiño da lúa eclipsada o 27 de xullo.
Eclipse total de lúa o 27 de xullo.
- A lúa nace eclipsada ás 22h
- O máximo da eclipse ocorre ás 22:21h
- O fin da totalidade é ás 23:13h
- O fin da parcialidade é ás 0:19h
- O fin da eclipse é ás 1:28h
A principios de mes tamén é visible o asteroide vesta, está no límite de visión a simple vista pero facilmente visible con prismáticos.
Se prefires que che conten en vídeo, podes velo aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario