Novo link para acceder as imaxes do Sol que ofrece a NASA a través dos seus satélites.
https://umbra.nascom.nasa.gov/newsite/images.html
http://suntoday.lmsal.com/suntoday/
Esta outra páxina: https://soho.nascom.nasa.gov/data/realtime-images.html deixou de actualizar a imaxes o 25 de xaneiro.
domingo, 4 de febreiro de 2018
mércores, 27 de decembro de 2017
Xaneiro 2018
Resumo do mes de xaneiro do 2018
Planetas visibles a simple vista:
- Mercurio visible na primeira quincena, ao mencer, en ofiuco e saxitario
- Marte e Xúpiter visibles durante a madrugada en libra.
- Saturno visible ao mencer en saxitario
Eventos:
- Día 1, mercurio na máxima altura ao mencer
- Día 1 a lúa no perixeo 356 600 km
- Noite do 1 ao 2, superlúa.
- Día 3, Terra no perihelio (147 097 243 km)
- Día 3, máxima actividade da choiva de estrelas "quadrántidas", ZHR=120
- Día 5, Régulo a 0,9º S da Lúa
- Día 7, Marte a 0,2º de Xúpiter
- Día 11, Xúpiter a 4,7º S da Lúa
- Día 13, Mercurio a 0,6ºS de Saturno
- Día 15, Lúa no apoxeo e Mercurio a 2,9ºS da Lúa
- Día 27, Aldebarán 0,7N da Lúa
- Día 31, Lúa no perixeo (359 000km), lúa chea, superlúa.
Ceo profundo e eventos en xaneiro 2018
Efemérides para o 2018
Eclipses 2018
Vai haber dúas eclipses totais de lúa:
- 31 de xaneiro (non visible desde a comarca do Barbanza)
- 27 de xullo visible desde a Barbanza
Vai haber tres eclipses parciais de sol, pero ningunha delas visibles desde a Barbanza:
- 15 de febreiro
- 13 de xullo
- 11 de agosto (visible no norte de Europa)
Comezo das estacións:
- Equinocio de primavera no hemisferio norte o 20 de marzo
- Solsticio de verán no hemisferio norte o 21 de xuño
- Equinocio de outono no hemisferio norte o 23 de setembro
- Solsticio de inverno no hemisferio norteo 21 de decembro
Distancia da Terra ao Sol
- Perihelio o 3 de xaneiro: 147 097 243 km
- Afelio o 6 de xullo: 152 095 626 km
Cambios de hora
- 25 de marzo adiantar 1h (pasamos de GMT+1 a GMT+2)
- 28 de outubro atrasar 1h (pasamos de GMT+2 a GMT+1)
Máximas elongacións dos planetas interiores (Mercurio e Venus):
Pola tardiña ao oeste:
- Mercurio: 15 de marzo, 12 de xullo e 6 de novembro
- Venus: 17 de agosto
Pola mañanciña ao leste:
- Mercurio: 1 de xaneiro, 29 de abril, 26 de agosto e 15 de decembro
Oposicións dos planetas exteriores:
- Marte o 27 de xullo
- Xúpiter o 9 de maio
- Saturno o 27 de xuño
- Urano o 24 de outubro
- Neptuno o 7 de setembro
(Planetas visibles a simple vista: mercurio, venus, marte, xúpiter e saturno)
Para máis información: http://www.oan.es/servidorEfem/index.php
domingo, 3 de decembro de 2017
O mes de decembro
Estes son os fenómenos previstos para o mes de decembro no hemisferio norte
No ceo profundo poederemos ver:
Breve resumo:
No ceo profundo poederemos ver:
Breve resumo:
- Á noitiña do día 3 ao 4 de decembro veremos unha lúa chea "enorme" a un 357500Km da Terra. (A distancia media é duns 384 000Km pero pode chega a estar a uns 406 000 Km).
- Do 13 ao 14 de decembro é a choiva de estrelas das gemínimas, unha das máis importantes do ano (comparable coas perseidas pero máis lentas).
- A comezos de decembro, no Barbanza, do 3 ao 13 de decembro é cando o sol se pón máis cedo, a iso das 18:02h pero día 14 xa se pon ás 18:03h (medrou un minuto pola tarde). Pero segue a nacer cada día máis tarde, se o día 1 de decembro nace ás 8:46h segue a nacer máis tarde ata o 4 de xaneiro que nace ás 9:06h despois empeza á nacer antes e o día 10 de xaneiro xa nace ás 9:05h. No solsticio de inverno é cando a noite é máis longa, (ata o 21 de decembro, o que medra pola tarde non compensa o que diminúe pola máñan, a partirres de aí medra máis pola tarde do que diminúe pola mañá). (O mediodía prodúcese ás 13:24h o día 1 de decembro, ás 13:33h o día 21 e ás 13:41h o día 4 de xaneiro)
- Para saber máis sobre a ecuación do tempo:https://en.wikipedia.org/wiki/Equation_of_time
domingo, 12 de novembro de 2017
Descuberto un cinturon de pó obitando a Próxima Centauri
Despois de descubrir un planeta rochoso orbitando Próxima Centauri no 2016, agora o telescopio ALMA acaba de descubrir que ten, alomenos un cinturón de pó (poida que tres)
http://eso.org/public/spain/news/eso1735/
Artigo científico completo aquí:
https://www.eso.org/public/archives/releases/sciencepapers/eso1735/eso1735a.pdf
http://eso.org/public/spain/news/eso1735/
Artigo científico completo aquí:
https://www.eso.org/public/archives/releases/sciencepapers/eso1735/eso1735a.pdf
sábado, 4 de novembro de 2017
O ceu no mes de novembro no hemisferio norte
Eventos astronómicos visibles no hemisferio norte no mes de novembro
O ceo profundo no mes de novembro no hemisferio norte
Astro calendario de Star Tres
O ceo profundo no mes de novembro no hemisferio norte
Astro calendario de Star Tres
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Efemerides de marzo 2020
Efemerides resumidas para marzo de 2020 SuperLúa do 9 ao 10 de marzo: Lúa chea o 9 ás 18:48 e mínima distancia á Terra, 357100Km o 10 ...
-
Efemerides resumidas para marzo de 2020 SuperLúa do 9 ao 10 de marzo: Lúa chea o 9 ás 18:48 e mínima distancia á Terra, 357100Km o 10 ...
-
Eventos importantes: Día 2: Lúa con Saturno separados 0,7 graos Día 18 pola mañanciña a Venus e Saturno separados por 1,1 graos. Día 19 ...
-
Eclipse total de Lúa a noite de 20 ao 21 de xaneiro de 2019 A Lúa estará no punto máis perto da Terra, polo que será unha "superlúa...