sábado, 9 de febreiro de 2019

19 de febreiro. Un bó día para fotografar o ceo

19 de febreiro. Un bó día para fotografar o ceu.


Conxunción venus-saturno

Madrugando, ás 7:30h, ao surleste, poderemos fotografar a parella (visible a simple vista): Venus-Saturno.
Captura do programa Stellarium (tamén está no ceu xúpiter)

 Sería aconsellable: tripode, disparador con retardo (para que non saia movida) e obxectivo "luminoso".

E así se viu desde a casa, fotos sen trípode e co obxectivo 14-42mm, por seren fotos "a pulso"







Superlúa

19 de febreiro, á tardiña, 19h preparalo todo para fotografar unha "superlúa".
Nace ás 19:08h ao nordeste. Vai estar a uns 356400 km (cando a distancia media é de 384400km) e iluminada un 99,9%.
Material necesario: cámara cun bo obxectivo (150mm ou superior), trípode, disparador con retardo, experiencia en modos da cámara (que non saia unha lúa "queimada"), unha boa localización para que a lúa estea sobre algo de interese.
 Captura do programa Stellarium:



 Para "abrir boca", posta de Lúa o 19 ás 8h (aproximadamente), sobre a Serra do Barbanza.
Sen trípode e co obxectivo 14-42mm, aproveitando que saíra da néboa e sobre os aeroxeneradores.







Desde a Curota, sobre a Ría de Arousa, a Lúa nace na néboa. Obxectivo 40-150mm e trípode.




Sobre Boiro e Rianxo:











Desde o mirador da Curotiña. Lúa reflectida na Ría, sobre o Saltiño (Boiro) con Rianxo ao fondo:



Disfruta do ceu, que é gratis

xoves, 31 de xaneiro de 2019

O Ceo de febreiro do 2019

Eventos importantes:
  • Día 2: Lúa con Saturno separados 0,7 graos
  • Día 18 pola mañanciña a Venus e Saturno separados por 1,1 graos.
  • Día 19:Lúa no perixeo a 356800km (a distancia media é de 384400km) e despois lúa chea (superlúa para fotografar a leste, cando naza, ao solpor).
  • Día 27: pola mañanciña,  xuntiños, a Lúa e Xúpiter separados 2,5 graos.
  • Día 27: máxima separación aparente de mercurio co sol (18º que é pouco), poderá ser visible, malamente, á tardiña.




      Se queres que che conten o máis importante que se pode ver este mes, mira o seguinte vídeo. Primeiro cóntanche o que se pode ver con prismáticos e telescopios pequenos e despois o que se ve a simple vista.


Efemerides de marzo 2020

Efemerides resumidas para marzo de 2020 SuperLúa do 9 ao 10 de marzo: Lúa chea o 9 ás 18:48 e mínima distancia á Terra, 357100Km o 10 ...