TRÁNSITO DE MERCURIO
¿Que é un tránsito?
Un tránsito é o paso dun planeta por diante
do disco dunha estrela (se en perspectiva, o tamaño aparente do
planeta fose do mesmo tamaño aparente que a estrela estariamos
falando de “eclipse”; se o tamaño aparente do planeta fose moito
máis grande que o da estrela, estariamos a falar de “ocultación”;
se o tamaño aparente do planeta fose moito máis pequeno que o da
estrela estamos a falar de “tránsito”).
Desde a Terra pódense observar tránsitos de
Venus e de Mercurio sobre o disco solar. (Ultimamente converteuse nun
método de descubrir exoplanetas, detectando, de algunha maneira, os
tránsitos dos exoplanetas sobre as estrelas á que orbitan).
(Os tránsitos de Venus son máis raros: os
últimos foron en 2004 e 2012 e non se agarda outro ata o 2117.
Ocorren en grupos de 2 separados por 8 anos e entre grupos
transcorren 105,5 anos e 121.5 anos para o seguinte tránsito).
¿Cando?
Os tránsitos de Mercurio ocorren cando a
Terra-Mercurio-Sol están en liña recta. Como as órbitas de
Mercurio e a Terra non están no mesmo plano (os planos das órbitas
córtanse ao redor do 8-9 de maio e 10-11 de novembro) e tense que
dar a circunstancia de que a Terra e Mercurio estean xusto alí ao
mesmo tempo. Isto ocorre unhas 13 ou 14 veces por século.
Tránsitos de Mercurio para este século (fonte
wikipedia)
(en vermello os que non son visibles desde Ribeira, Galicia.):
7 de maio de 2003
|
8 de novembro de 2006
|
9 de maio de 2016
|
11 de novembro de 2019
|
13 de novembro de 2032
|
7 de novembro de 2039
|
7 de maio de 2049
|
9 de novembro de 2052
|
10 de maio de 2062
|
11 de novembro de 2065
|
14 de novembro de 2078
|
7 de novembro de 2085
|
8 de maio de 2095
|
10 de novembro de 2098
|
|
|
¿Onde podo atopar información
para meu lugar?
Hai un moi bo simulador de eclipses e tránsitos
para móbil android (coa colaboración da Universidade de Barcelona),
que é este:
Para ordenador, podedes descargar este programa de
astronomía:
¿Como observar o tránsito?
Non é visible a simple vista (Mercurio é
demasiado “pequeno”) e non podemos mirar directamente ao Sol (e
con gafas de eclipse non se ve).
A mellor maneira e máis segura é empregar unha
“pantalla de proxección”, pero hai no mercado un aparello
especialmente deseñado para a observación de: manchas solares,
eclipses de Sol e tránsitos de Mercurio e Venus, é o “
solarscope”.
¿Como se ve?
No solarscope educativo, se a imaxe do Sol ten un
tamaño de 115mm, Mercurio tería un tamaño de 0.7 mm.
Vese un puntiño coma a “cagadela dunha mosca”
e é posible que vexamos manchas solares “máis grandes”.
2 fotos
feitas por min do tránsito de Venus o 8 de xuño de
2004:
Foto gris do solarscope
(a do Sol amarelo e Venus redondiño, foto coa cámara con filtro
solar+duplicador+obxectivo)
Aquí debaixo, fotos feitas por min do tránsito de mercurio do 9 de maio do 2016 co solarscope. Vense unhas manchas solares tamén:
Mercurio aquí arriba
Manchas solares aquí abaixo
¿A que hora?
En Ribeira (para os demais sitios de España pode
variar uns segundos). Datos na hora oficial (TU+1): desde as 13h
35min 37 s ata que se poña o sol.
Primeiro contacto (Mercurio tanxente
exterior ao Sol): 13h 35min 37s
Segundo contacto (Mercurio tanxente
interior ao Sol): 13h 37min 18s
Máximo: 16h 19min 42 s
Ponse o sol, (sobre un horizonte chan), ás
18h 12 min 43s (é normal que 15 ou 20 min antes se poña detrás do
monte).
Se queres velo, comeza a planificar a
observación. O éxito non está
garantido porque dependes do tempo meteorolóxico (no 2003 puiden
velo, porque se produciu un claro uns minutos, pero despois nubrouse
totalmente, no 2016 só se
puido ver durante uns 15 min, por estar anubrado).
Opcións para ver o tránsito de mercurio:
Solarscope
educativo (recomendado, porque a imaxe do sol é de 115mm e non hai
perigo de queimarse)
Telescopio+filtro solar (sen
“buscador” e o filtro debería ir sobre o “obxectivo”)
Telescopio+pantalla de proxección (sen
“buscador” e coidadiño co efecto lupa do telescopio)
Que o bo tempo vos acompañe!