No ceo profundo poederemos ver:
Breve resumo:
- Á noitiña do día 3 ao 4 de decembro veremos unha lúa chea "enorme" a un 357500Km da Terra. (A distancia media é duns 384 000Km pero pode chega a estar a uns 406 000 Km).
- Do 13 ao 14 de decembro é a choiva de estrelas das gemínimas, unha das máis importantes do ano (comparable coas perseidas pero máis lentas).
- A comezos de decembro, no Barbanza, do 3 ao 13 de decembro é cando o sol se pón máis cedo, a iso das 18:02h pero día 14 xa se pon ás 18:03h (medrou un minuto pola tarde). Pero segue a nacer cada día máis tarde, se o día 1 de decembro nace ás 8:46h segue a nacer máis tarde ata o 4 de xaneiro que nace ás 9:06h despois empeza á nacer antes e o día 10 de xaneiro xa nace ás 9:05h. No solsticio de inverno é cando a noite é máis longa, (ata o 21 de decembro, o que medra pola tarde non compensa o que diminúe pola máñan, a partirres de aí medra máis pola tarde do que diminúe pola mañá). (O mediodía prodúcese ás 13:24h o día 1 de decembro, ás 13:33h o día 21 e ás 13:41h o día 4 de xaneiro)
- Para saber máis sobre a ecuación do tempo:https://en.wikipedia.org/wiki/Equation_of_time
Ningún comentario:
Publicar un comentario