19 de febreiro. Un bó día para fotografar o ceu.
Conxunción venus-saturno
Madrugando, ás 7:30h, ao surleste, poderemos fotografar a parella (visible a simple vista): Venus-Saturno.
Captura do programa Stellarium (tamén está no ceu xúpiter)Sería aconsellable: tripode, disparador con retardo (para que non saia movida) e obxectivo "luminoso".
E así se viu desde a casa, fotos sen trípode e co obxectivo 14-42mm, por seren fotos "a pulso"
Superlúa
19 de febreiro, á tardiña, 19h preparalo todo para fotografar unha "superlúa".
Nace ás 19:08h ao nordeste. Vai estar a uns 356400 km (cando a distancia media é de 384400km) e iluminada un 99,9%.
Material necesario: cámara cun bo obxectivo (150mm ou superior), trípode, disparador con retardo, experiencia en modos da cámara (que non saia unha lúa "queimada"), unha boa localización para que a lúa estea sobre algo de interese.
Captura do programa Stellarium:Para "abrir boca", posta de Lúa o 19 ás 8h (aproximadamente), sobre a Serra do Barbanza.
Sen trípode e co obxectivo 14-42mm, aproveitando que saíra da néboa e sobre os aeroxeneradores.
Desde a Curota, sobre a Ría de Arousa, a Lúa nace na néboa. Obxectivo 40-150mm e trípode.
Sobre Boiro e Rianxo:
Desde o mirador da Curotiña. Lúa reflectida na Ría, sobre o Saltiño (Boiro) con Rianxo ao fondo:
Disfruta do ceu, que é gratis
Ningún comentario:
Publicar un comentario