xoves, 6 de xullo de 2017

Como empezar?

No pasado:

Hai anos a única maneira de empezar era: cun planisferio, guía de estrelas e constelacións, cartas estelares e anuarios astronómicos ou revistas de astronomía para dispoñer de información de onde localizar os planetas e de eventos importantes ou efemérides.

A comezos dos anos 90 os programas de ordenador eran así, coma o EZCosmos e permitíanche explorar e interactuar co mapa do ceo:

No presente:

Podemos botar man de programas que che amosan en tempo real o que se ve dende onde ti estás.

Programas para PC coma o Stellarium (gratis):


Ou Stellarium para móbil (de pago):

Ou  Sky Map (gratis):

 Empeza a simple vista:

  • Empezar observando o ceu ao solpor e oriéntate.
  • Identificar as estrelas máis brillantes e planetas usando programas ou apps.
  • Identificar, se é o caso, os planetas visibles a simple vista que son: mercurio, venus, marte, xúpiter e saturno. No mes de xullo son visibles: pola mañanciña venus  e pola tardiña xúpiter e saturno e a final de mes mercurio. Marte está en este momento do outro lado do sol e non é visible.
  • A partires das estrelas máis brillantes tratar de identificar as constelacións coas súas estrelas.

Continua con prismáticos e telescopio:

  • Cando te desenvolvas ben coas constelacións, empeza cuns prismáticos 7X50. Trata de localizar algúns cúmulos de estrelas, estrelas dobres, algunha nebulosa, a galaxia de andrómeda,...
  • Cando te desenvolvas ben cuns prismáticos estas preparado para empezar cun telescopio (recorda que as estrelas seguen a ser puntiños moi minúsculos).

 Comparte a afección

  • Apúntate aos eventos das asociacións locais e comparte a experiencia da observación coas persoas que che importen.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Efemerides de marzo 2020

Efemerides resumidas para marzo de 2020 SuperLúa do 9 ao 10 de marzo: Lúa chea o 9 ás 18:48 e mínima distancia á Terra, 357100Km o 10 ...